Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Los Limones presentan o seu novo disco no que colaboran Susana Seivane e Miguel Costas
Los Limones presentan o seu novo disco no que colaboran Susana Seivane e Miguel Costas
xuño 20, 2006
O grupo ferrolán Los Limones veñen de sacar o que é o seu duodécimo disco, “Palabra” (Carlito Records), despois de nove anos sen entrar a gravar novas cancións. Con este disco, que se porá á venda a primeiros de xullo, Los Limones volven “máis positivos e vitais que nunca” e con algúns dos seus elementos esenciais como as letras de Santi Santos e o son da steel guitar de Álvaro Lamas. En “palabra” Los Limones contan coas colaboracións de Antonio Vega, que contribúe coa voz en “Acelerado”, o tema que abre o álbum, e a gaiteira Susana Seivane que colabora no single de presentación, “Emigrante”, un poema musical dedicado aos que abandonan a súa terra. Tamén participa do disco Miguel Costas, integrante de Siniestro Total, que canta en “Hablar ( y Escuchar)” un tema que reflexiona sobre a comunicación, e a falta dela. A carreira de Los Limones comezou no ano 1983, baixo o nome de Los Limones del Caribe, aínda que non publican o seu primeiro LP, ‘Sun’, ata 1987, e entón xa quedan co nome de Los Limones.
Máis información no sitio oficial de Los Limones
Tamén che pode interesar:
- 15/ 10/ 2020 | Susana Seivane recupera nun disco os temas que interpretou durante o confinamento
- 14/ 9/ 2018 | Susana Seivane explora a maternidade en FA
- 11/ 5/ 2018 | Lucía Pérez sopra soles polos seus quince anos de carreira con 'Quince soles'
- 7/ 3/ 2013 | Miguel Costas chama a participar no seu vindeiro vídeo
- 16/ 6/ 2011 | Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea