Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura

UNHA SEMANIñA DE CANTO

Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura

FOLK | xuño 15, 2006

not_8177.jpg

No seu cuarto traballo discográfico, “Unha semaniña enteira” (PAI música), o consolidado grupo Treixadura Gaiteiros presenta a xuntanza de dúas concepcións da música popular: o canto e a gaita. O Orfeón Treixadura, creado ex profeso para a gravación dunha das cancións do anterior disco “Unha noite non é nada”(2003) engade aquí a forza das súas voces ás melodías dos gaiteiros incidindo no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega. Dos once temas do disco, gravados entre os estudos Casa de Tolos e Edisco a finais do 2005, tan só un é unicamente instrumental. Este é o terceiro disco de Treixadura que leva por título un dos versos da cantiga popular “Unha noite no muíño” e os compoñentes do grupo xa anunciaron durante a presentación do disco no Consello da Cultura Galega a próxima realización dun disco que se chamará “Esa si que é muiñada”.

Máis información en Consello da Cultura Galega

datos do disco