Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O programa Extrarradio e Vieiros organizan un concurso na procura da canción galega do verán

A POLO GHIT!

O programa Extrarradio e Vieiros organizan un concurso na procura da canción galega do verán

MISCELáNEA | xuño 6, 2006

not_8122.jpg

A Radio Galega, a través do programa Extrarradio, e o diario electrónico Vieiros veñen de abrir en colaboración a convocatoria para un concurso que durará ata setembro e que ten como obxectivo proclamar cal é a canción do verán do 2006 en galego. O concurso “A polo ghit!” está aberto a todos os músicos que queiran con cancións gravadas en galego, que serán difundidas pola rede en Vieiros con licenza Creative Commons. Un xurado composto por xente do mundo da música e da comunicación elixirá en setembro o tema gañador, que será premiado coa gravación profesional dun videoclip e a actuación en programas da Televisión de Galicia. A cancións poden escoitarse e descargarse en Vieiros, e mesmo facer de xeito paralelo unha votación con comentarios engadidos.

Máis información en Vieiros