Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede

A POLO 2º GHIT

A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede

MISCELáNEA | abril 24, 2007

not_9808.jpg

O portal Vieiros e a Radio Galega buscan un ano máis a canción galega do verán cunha nova edición de A Polo Ghit. O concurso xa está en marcha despois da boa experiencia do ano pasado cando 38 cancións participaron na primeira edición das que o xurado escolleu como gañadora "In the Ocean", de Pulpiño Viascón. O prazo para enviar as cancións estará aberto ata o 21 de xuño e, como na primeira edición, as pezas que se envíen serán emitidas no programa Extrarradio así como noutros programas da Radio e Televisión de Galicia. Un novo xurado reunirase para decidir a canción gañadora o 11 de agosto. Máis información en Vieiros