Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O proxecto Directo Xove do Concello de Cangas levará a música de doce bandas canguesas polos locais do municipio
O proxecto Directo Xove do Concello de Cangas levará a música de doce bandas canguesas polos locais do municipio
marzo 14, 2006
Cada venres entre o 24 de marzo e o 9 de xuño actuará unha das doce bandas de balde nun dos cinco locais inseridos no proxecto. Os grupos que participan do programa son Estado Puro, Dos Pelos Negros,, Rabuñaldes, Thunn!, Fly Bronze Lines, Dátrebil, Jit!, Fijado Korroldo, Ludovaina, Lavorda, Dianota e Ëxodo. Un festival de dous días no areal de Rodeira no que participarán estas doce bandas máis un cabeza de cartel invitado cada día pecharán o programa. Dentro do proxecto tamén está prevista a edición dun disco cun tema de cada grupo participante e do que se tirarán 1000 copias. Directo Xove 06 está organizado pola Concellería de Xuventude e a Casa da Xuventude do Concello de Cabgas, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, os 40 Principales e o programa El Maketón, Frigoríficos do Morrazo e a produtora Saraiba.
Máis información Directo Xove