Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A formación Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de estudio

O GRUPO Dá UN CONCERTO NA SALA NASA DE SANTIAGO XUNTO A KERTULER

A formación Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de estudio

ROCK | marzo 11, 2011

not_18557.jpg

Practicamente nove anos despois de comezar a súa andadura musical a banda de rock Deseqilibrio Mental ven editar o seu primeiro traballo de longa duración Con Q sin U no selo Lobicán Records, doce pezas con letra en galego gravadas nos estudios Pousada Son. Anteriormente o grupo resultara gañador do 3º Certame Música Xove 2010 e participara no compilatorio de bandas de rock compostelás Come on Pelegrín (2010) e publicara un EP , Adianto (2009). O grupo parte do rock metal para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, en ton de protesta social. Actualmente Deseqilibrio Mental están presentando en directo o seu novo traballoCon Q sin U ó longo de todo o territorio galego comezando por hoxe mesmo en Santiago na Sala Nasa onde compartirán escenario coa banda Kertuler.

datos do disco