Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A formación Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de estudio
A formación Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de estudio
marzo 11, 2011
Practicamente nove anos despois de comezar a súa andadura musical a banda de rock Deseqilibrio Mental ven editar o seu primeiro traballo de longa duración Con Q sin U no selo Lobicán Records, doce pezas con letra en galego gravadas nos estudios Pousada Son. Anteriormente o grupo resultara gañador do 3º Certame Música Xove 2010 e participara no compilatorio de bandas de rock compostelás Come on Pelegrín (2010) e publicara un EP , Adianto (2009). O grupo parte do rock metal para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, en ton de protesta social. Actualmente Deseqilibrio Mental están presentando en directo o seu novo traballoCon Q sin U ó longo de todo o territorio galego comezando por hoxe mesmo en Santiago na Sala Nasa onde compartirán escenario coa banda Kertuler.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 4/ 2019 | Xacobe Martínez Antelo presenta 'Capturas'
- 17/ 2/ 2015 | Deseqilibrio Mental presenta Séculos Escuros
- 16/ 6/ 2011 | Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea
- 19/ 6/ 2008 | Ecléctica Ensemble presenta o seu primeiro disco no CGAC
- 21/ 6/ 2007 | Crema de Gaita presenta o seu primeiro disco no selo VIR de Ouvirmos