Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A discográfica Ouvirmos presenta os selos Vir e Localizados para lanzar proxectos actuais

SELOS DESDE A TRADICIóN

A discográfica Ouvirmos presenta os selos Vir e Localizados para lanzar proxectos actuais

MISCELáNEA | febreiro 17, 2006

imaxe non dispoñible

Logo de varios anos a desempeñar un intenso traballo de recuperación da nosa historia musical, a discográfica Ouvirmos dá un paso mais. A empresa acaba de anunciar o lanzamento de dous novos selos cos que quer potenciar traballos actuais. Deste xeito, Vir será o nome co que Ouvirmos quere desenvolver producións con grupos que pretendan manter o control dos seus proxectos. Por outra banda, Localizados potenciará produtos innovadores no noso panorama musical. Galegoz e Ecléctica Ensemble serán os encargados de abrir cada unha destas firmas.

Máis información no web de Ouvirmos e nos nosos arquivos