Ti estás aquí > Inicio / / Catro concertos traen a Santiago un renovado Festival de Música Antiga
Catro concertos traen a Santiago un renovado Festival de Música Antiga
setembro 21, 2005
Este sábado comeza en Compostela a terceira edición do Festival de Música Antiga. Faino cos membros da Schola Antiqua que dirixe Juan Carlos Asensio e que recupera un programa litúrxico. A seguinte cita terá lugar o domingo na capela do Santo Rosario coa música de cámara de Luigi Boccherini. O cartel continúa o luns co concerto en San Miguel dos Agros no que se fará unha volta á música de tradición oral. A despedida terá lugar no CGAC cun recital de clave de Fernando López Pan. O festival está organizado pola Universidade de Santiago co patrocinio da Deputación
Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego
Tamén che pode interesar:
- 20/ 4/ 2022 | O festival Pórtico do Paraíso volve apostar pola excelencia internacional
- 28/ 5/ 2015 | O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela
- 4/ 7/ 2014 | Herbón acolle a segunda edición de As notas do Pemento
- 25/ 6/ 2012 | O festival Via Stellae volta con vinte concertos
- 2/ 6/ 2006 | O Xacobeo presenta os 43 concertos “Vía Stellae”, o festival que substitúe ao Festival de Música de Galicia