Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A discográfica Ouvirmos editará un álbum con gravacións inéditas do compositor Andrés Gaos

GAOS VOLTA AOS SUCOS

A discográfica Ouvirmos editará un álbum con gravacións inéditas do compositor Andrés Gaos

CLáSICA/LíRICA | abril 11, 2005

not_6060.jpg

A visita que Andrés Gaos fillo realizou a Galicia o pasado mes de febreiro para participar nos encontros “O Son da Memoria” que organiza o Arquivo Sonoro de Galicia está a dar os seus froitos. O pasado mes de febreiro, o fillo dun dos maiores compositores galegos de todos os tempos reclamaba a necesidade de recuperar o legado do seu pai. Agora sabemos que, naquela visita, tamén aproveitou para lles ofertar aos responsables da discográfica Ouvirmos, especializada na recuperación de gravacións históricas da nosa música, a posibilidade de editaren varias pezas que o propio autor executou ao piano e que estaban ata o de agora inéditas. Desde Ouvirmos están a traballar na restauración deste material de cara á súa futura edición.

Máis información en La Opinión e nos nosos arquivos