Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música no Claustro achega sete concertos á Catedral de Tui

O FESTIVAL CELEBRA A SúA XVIII EDICIóN ENTRE OS DíAS 1 E 7 DE AGOSTO

Música no Claustro achega sete concertos á Catedral de Tui

MISCELáNEA | xullo 24, 2024

imaxe non dispoñible

Artistas de Mali, Suíza, Canarias, Portugal, Andalucía e Galicia compoñen o programa da décima octava edición de Música no Claustro. A Catedral de Tui acolle entre o 1 e o 7 de agosto os sete concertos que compoñen esta xeira.

A portuguesa Lula Pena abre os recitais, que continuarán o día 2 coa cantautora andaluza Laura Marchal, acompañada de Víctor Franco e Jesús Campos. A galega Faia actuará acompañada de Beluenn Le Friec o día 3, mentres Tana Santana Quinteto, con membros de Galicia de de Canarias, correrá coa actuación do 4.

Desde Mali o Trío da Kali participa do programa o 5 de agosto, mentres o día 6 amosarase a colaboración entre Pedro Lamas, Germán Díaz e Domingo Cienfuegos. O suízo Moser String Quartet protagoniza a actuación do día 7.

O día 6 o evento acolle o foro profesional de instrumentos musicais Resonancias, no participan membros de diferentes firmas de artesanía para compartir as súas experiencias na construcións destes elementos. Unha mesa redonda no marco desta iniciativa tentará "coñecer a realidade e proxección dos eventos vencellados aos instrumentos musicais en Galicia ou outros puntos da península Ibérica".

O programa complétase cos obradoiros de construción de instrumentos en familia, que se desenvolverán entre os días 5 e 7.