Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música no Claustro prepara os seus dez anos cunha xira internacional

ACADACANTO LEVA A ROSA D'ADINA A ZIMBAWE E A CUENCA

Música no Claustro prepara os seus dez anos cunha xira internacional

MISCELáNEA | abril 30, 2014

imaxe non dispoñible

O proxecto musical sobre Rosalía de Castro A Rosa d'Adina, de aCadaCanto, comeza unha xira internacional. A tourné celébrase con ocasión dos dez anos do festival Música no Claustro, de Tui, no seo do cal se xestou esta homenaxe musical á poeta de Padrón. O grupo de Guadi Galego, Xabier Díaz, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández visita estes días o Harare International Festival of the Arts - HIFA en Zimbawe, e para o vindeiro mes de xullo ten previsto actuar no Estival Cuenca. Esta é o primeiro evento co que Música no Claustro quere celebrar o seu aniversario. A vindeira edición desenvolverase entre o 6 e o 10 de agosto na Catedral de Tui, como é habitual.