Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pauliña aposta polo idioma con perspectiva punk no seu cuarto disco

'GALEGO IS NOT DEAD' é O NOVO TRABALLO LONGO DA ARTISTA

Pauliña aposta polo idioma con perspectiva punk no seu cuarto disco

FUSIóN | abril 11, 2024

Paulinha_Galegoisnotdead.jpg

Oito temas rápidos e metralladores, cada un no seu estilo e coa súa mensaxe conforman o novo traballo longo de Paula Chaves, coñecida artísticamente como Pauliña, 'Galego is not dead' (Xonix Records), un título e unha portada con referencias punks dos Exploited, os Sex Pistols confirmadas na letra do tema 'Crime e castigo' e outras que teñen que ver máis con The Clash noutros temas. O cuarto traballo da artista chega tres anos despois do seu anterior traballo longo 'Testemuñas' (Xonix records, 2021), tempo no que co seu proxecto estivo moi presente en festivais e dando concertos por toda a xeografía. De novo para a composición Pauliña conta con Paco Montoto e Lolo Arincón, membros fixos da súa banda. Eles asinan sete dos temas con ela, agás o que pecha o disco 'Detective Conan' versión dunha canción do ánime xaponés do mesmo título. O repertorio do novo traballo inclúe as sonoridades entre o rock and roll, o ska e outras mesturas que son habituais nos discos da de Cambados. As letras sempre afiadas, rápidas e contundentes serven para explorar as posibilidades da voz da artista. O álbum está xa dispoñible nas plataformas dixitais.

datos do disco