Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Fanny & Alexander remesturan as voces femininas da música galega

PóDESE ATOPAR EN TODAS AS PLATAFORMAS DIXITAIS

Fanny & Alexander remesturan as voces femininas da música galega

FUSIóN | xaneiro 16, 2024

not_35896.jpg

Xa está dispoñible nas plataformas o novo proxecto de Aregueifa Plataforma, Manifestas, no que Fanny & Alexander remesturan nunha serie de EPs temas de "algunhas das máis poderosas voces femininas da escena galega". O proxecto parte das voces de Su Garrido, Lucía Aldao, Ugia Pedreira e Mai, que seleccionaron temas de diferentes álbums e traballos. "Unha proposta, tan sinxela coma complexa de executar no musical, que ispe as cancións das súas roupaxes orixinais para voltalas construir dende os propios alicerces vocais en forma de reinvención en clave electrónica, levando as pezas orixinais a territorios tan inéditos coma as pistas de baile", sinalan desde A Regueifa. A p roposta complétase cun videoclip para a remestura de "Big Bang", o tema escollido por Mai, quen tamén aparece no propio audiovisual.

Videoclip de "Big Bang"

datos do disco