Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Voces femininas xunta en Vigo catro promesas da música

A CITA TERá LUGAR O DíA 22 NO AUDITORIO CAIXANOVA

O festival Voces femininas xunta en Vigo catro promesas da música

MISCELáNEA | novembro 14, 2008

not_13464.jpg

Sevigny, Nina Kinert, Emmy The Great e Wendy Mcneill comparten o feito de ser cantantes novas que teñen un futuro prometedor. E tamén que actuarán xuntas o vindeiro sábado 22 no marco do festival Voces Femininas que nace na cidade para ofrecer música alternativa feita por mulleres. Esta primeira edición do certame consistirá nun único concerto que agrupará as catro cantantes, pero no futuro terá máis días, actividades paralelas e proxeccións. O festival está organizado pola produtora Coconut co patrocinio da Deputación de Pontevedra, a firma de moda Pilar Bande, Caixanova e Radio Vigo.