Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Silvia Penide renova o seu compromiso coa música en "Mientras dure el aplauso"
Silvia Penide renova o seu compromiso coa música en "Mientras dure el aplauso"
xullo 27, 2023
Silvia Penide cumpría anos este pasado día 26 de xullo e aproveitou o momento para facer a presentación do seu novo traballo discográfico que é, nas súas propias palabras "resumo de vida e de compromiso". Con este disco a artista de Arteixo celebra neste 2023 dúas décadas sobre os escenarios e faino co seu primeiro traballo discográfico publicado en vinilo e de edición limitada, "Mientras dura el aplauso". Neste peculiar álbum de cor blanca, mesturado e masterizado por Arturo Vaquero, do que só aparecerán nas tendas 250 exemplares numerados a man pola propia Silvia, os seus seguidores poderán escoitar algúns dos temas máis coñecidos da súa traxectoria, interpretados na compaña de outros músicos aos que admira da escena musical galega e española. Contén ademais un tema inédito, entre os dez que o conforman, titulado "El colchón y el diván". Con "Mientras dura el aplauso" Silvia Penide renova o seu compromiso coa música, condicionado, iso si, a que soen os aplausos da xente que a segue e vai aos seus concertos.
O disco, que xa está en físicas de A Coruña, Arteixo, Santiago, Vigo e Madrid, contén temas de anteriores traballos, como Reventaba, 'El efecto boomerang' ou Descredo, que soan agora más especiais, grazas a colaboracións como as de Mercedes Ferrer, Víctor Manuel ou Javier Álvarez, respectivamente. Tamén comparte Silvia as súas composicións con Eladio Santos, Ugía Pedreira, Félix Arias, Andrés Suárez ou Guadi Galego, con quen reinterpreta El salto, que é o tema de avance do novo LP. Arturo Vaquero está detrás da parte técnica no manexo do son. "Mientras dure el aplauso" inclúe un tema inédito, 'El colchón y el diván', no que Penide invita ao público "a quitarse a culpa que a veces unha leva enriba". O disco péchase con Diferentes Diferenzas, o tema que nace do libro homónimo escrito pola cantautora e que neste caso conta coa colaboración, nos coros, de membros de la asociación de enfermidades raras e epilepsia West Galicia e do alumnado do CEIP Novo Mesoiro de A Coruña.
Proximamente comezará a xira de presentación de "Mientras dura el aplauso". As primeiras localidades confirmadas -ademais dos festivais que anunciarán cartel en próximos días-, son Barcelona (15 e 16 de setembro), Pontevedra (23 de setembro no Teatro Principal, onde estará acompañada de banda e con intérprete de lingua de signos), Sevilla (novembro) e na súa localidade natal, Arteixo (29 de decembro), pechando o ano.
Tamén che pode interesar:
- 27/ 4/ 2021 | Silvia Penide transforma o chumbo en música co seu oitavo disco
- 21/ 1/ 2016 | Silvia Penide estrea Todo pintado de plata
- 29/ 11/ 2012 | Silvia Penide regresa con Animal de compañía
- 2/ 10/ 2007 | Chega ás tendas o “Desafinante crónica” de Silvia Penide precedido polo seu éxito na venda en liña