Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chega ás tendas o “Desafinante crónica” de Silvia Penide precedido polo seu éxito na venda en liña
Chega ás tendas o “Desafinante crónica” de Silvia Penide precedido polo seu éxito na venda en liña
outubro 2, 2007
Xa se pode pedir desde hoxe nas tendas o novo disco de Silvia Penide (Meicende, 1979) , cuarto do seu currículo discográfico e co que a artista presenta o seu traballo máis elaborado ata o momento e tamén “co que máis profundo mergullo no meu propio universo”, como ela mesma di. "Desafinante crónica” (Falcatruada) foi gravado nos estudos Abrigueiro de Lugo coa produción de Arturo Vaquero e a colaboración dun bo feixe de músicos galegos. Aínda que é agora cando o disco entra nas tendas a súa versión dixital xa leva á venda na rede en diversas tendas virtuais desde o 18 de setembro engadindo o tema extra “Cambio de ritmo”. Na súa primeira semana na tenda iTunes de Apple “Desafinante crónica” acadou o sexto posto entre os albumes máis vendidos de música latina e o posto 20 na lista xeral. A canción “Reventaba” escoitarase en continua rotación nas emisoras de radio e o videoclip da mesma nas cadeas de televisión musicais.
Máis información en Falcatruada