Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Premios Martín Códax dan a coñecer os seus finalistas

OS GALARDóNS ENTREGARANSE O VINDEIRO 5 DE OUTUBRO EN PONTEVEDRA

O Premios Martín Códax dan a coñecer os seus finalistas

MISCELáNEA | setembro 15, 2022

imaxe non dispoñible

A novena edición dos Premios Martín Códax da Música conta xa con finalistas. A Asociación Músicas ao Vivo, que organiza o certame, presentou na tarde deste 14 de setembro os proxectos seleccionados polo xurado para competir na última fase dos galardóns.

Unha festa no Salón de Congresos e Exposicións José Peña, en Cambados, reuniu os nomes responsables dos proxectos finalistas nas categorías musicais dos premios e mais dos premios Organistrum, que recoñecen salas, festivais e medios de comunicación especializados en música e que recuperan este ano a normalidade logo de se ter deixado de convocar pola pandemia de Covid-19.

Aínda que en total se presentaron ao certame case 400 proxectos, unha cifra lixeiramente inferior á de 2021, a categoría de Coros e Grupos Locais non conseguiu a participación mínima esixida nas bases para seleccionar tres finalistas e ficou deserta. Deste xeito serán quince as categorías que estarán representadas na gala que se celebrará o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Adriana Tarela, produtora e xerente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Rubén Fernández, músico e docente, Pedro Iglesias, produtor e técnico de son, Lois Atanes, xornalista musical, e Silvia Penide, cantautora, foron as persoas responsables da selección de finalistas, e escolleron ademais o premio Artista Emerxente.

Agora serán as votacións das persoas asociadas a Músicas ao Vigo as que seleccionen os proxectos gañadores en cada unha das categorías entre o 15 de setembro e o 2 de outubro. Como novidade, ábrese a participación do público para seleccionar o galardón a Artista do Ano. Tanto o recoñecemento a artista emerxente como a artista do ano daranse a coñecer no transcurso da gala.

Finalistas dos IX Premios Martín Códax
Pop e Indie: De Vacas, Anxo Araujo, Néboa
Rock: Familia Caamagno, Moura, Bala
Canción de Autor/a: Antía Muíño, Xóan Curiel, Sofía Espiñeira
Músicas Urbanas: Rebeliom do Inframundo, O Rabelo, Ilmarto
Blues, Funk e Soul: Nastasia Zürcher, Udra, O Cadelo Lunático
Electrónica: Grande Amore, Garza, Hilario Rodeiro
Metal: Arrhythmia, Grima, Teima
Música Clásica e Contemporánea: Samudra Trío, Katerina Linke, Fernando Abreu
Jazz e Músicas Improvisadas: Xosé Miguélez 4tet, Orquestra Galega de Liberación, Valentín Caamaño
Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Nebra, Sheila Patricia
Música Tradicional: Airiños da Freba, Cántigas e Frores, Os da Porfía
Folk: Cuarteto Caramuxo, Oîma , Os d’Abaixo
Música Infantil: Mamá Cabra, Pitusa Semifusa, Martiña Soñadora
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: La Oca Band, Bicoia, América de Vigo
Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música Cultural de Salceda, A Banda de Lombás

Finalistas Organistrum:
Salas: A Arca da Noe, Sala Karma, Sala Rebullón
Festivais: Festival de Ortigueira, Canteira Fest, Canjazz
Espazos de Comunicación: Ondas Indies (Radio Galega), A Xente de Teo, Descúbreas