Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Trilitrate presentan 'Esta de grelo', o seu terceiro disco

O TRíO MANTéN A SúA LIñA DE EXPERIMENTACIóN NAS LINDES ENTRE UN FOLK UNIVERSAL, A MúSICA CLáSICA E O CONTEMPORáNEO

Trilitrate presentan 'Esta de grelo', o seu terceiro disco

FOLK | maio 20, 2021

portada_ESTA-DE-GRELO_-TRILITRATE.jpg

O trío formado por Rubén Abad, Marcos Padrón e Elena Vázquez veñen de presentar o seu terceiro álbum Está de grelo, case cinco anos despois daquel Frutal Death, no que consolidaban os seu sentido experimentador folclorista de perspectivas universais. Neste novo traballo xurdido baixo o apoio do selo norteamericano Ropeadope e o selo barcelonés Gandula os Trilitrate ofrecen trece novos temas, maiormente instrumentais agás tres deles, nos que se manteñen nese espazo propio dando voltas arredor do folk, da música clásica e da contemporánea, no que experimentan sen limitacións de xéneros musicais. O disco ademais inclúe no formato físico un libro de receitas cos grelos, da man de Montse Piñeiro, responsable do deseño gráfico e das artes visuais. Está de grelo, xa está nas principais plataformas dixitais. Foi gravado e mesturado por Javier Ortiz en Estudio Brazil (Madrid) e por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (Galicia).

datos do disco