Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / As cantareiras Ialma presentan o seu terceiro traballo discográfico

NOVA ERA

As cantareiras Ialma presentan o seu terceiro traballo discográfico

FOLK | maio 8, 2007

not_9902.jpg

“Nova Era” é o terceiro traballo discográfico das cinco cantareiras belgo-galegas que forman Ialma. Despois do seu primeiro disco a capela “Palabras darei” (EMI, 2000) e “Marmuladas” (EMI, 2002) o grupo de Verónica Codesal racha así con silenzo que xa ía para catro anos. Na ducia de temas de “Nova Era” mesturan a tradición musical das súas raíces galegas con melodías do pop, de feito o tema que abre o disco é unha versión de “Under the bridge” dos Red Hot Chili Peppers no que colaboran tamén as septuaxenarias cantareiras Damas de Laxoso. O disco conta ademais con colaboracións destacadas como Mercedes Peón e Guadi Galego entre outros.

Maís información no sitio de Ialma

VIDEO | Lévame (live at Festival Voix des Femmes, 2006)
datos do disco