Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Su Garrido gaña o X Concurso Fran Pérez Narf

A BANDA NéBOA OBTIVO A SEGUNDA POSICIóN NO CERTAME

Su Garrido gaña o X Concurso Fran Pérez Narf

MISCELáNEA | outubro 22, 2018

imaxe non dispoñible

A compostelá sala Sónar acollía o pasado venres 19 a final do X Premio Narf de artistas e grupos musicais que convoca a Deputación da Coruña. Logo das actuacións dos cinco proxectos finalistas, o xurado acordou outorgarlle o galardón a Su Garrido Pombo a atender á súa "calidade, a emoción e o proxecto artístico". A vencedora do certame leva un premio en metálico de 3.000 euros e participará en tres eventos e festivais de nivel galego da man dun programa específico de apoio da Deputación. Canda a ela, o xurado recoñeceu o grupo Néboa, de Caldas de Reis, co segundo posto e 2.000 euros de premio. Oh! Ayatollah situouse en terceiro lugar e fíxose con 1.500 euros mentres A banda da loba e Zumaque Trío ocuparon o cuarto e quinto postos con 1.000 € e un empate en puntos.

O xurado estivo compostor por Brais Morán Mato, Isaac Gónzalez López, Mar Catarina Serantes, Xurxo Souto e Camille Hédouin Mounqup, con Goretti Sanmartín Rei como presidenta e Mercedes Fernández Albalat como secretaria.