Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Narf reúne no seu segundo disco a experiencia de vinte anos coa guitarra nas costas

TOTEM

Narf reúne no seu segundo disco a experiencia de vinte anos coa guitarra nas costas

FUSIóN | novembro 19, 2007

not_11049.jpg

O novo disco do compostelán Fran Pérez representa o camiño de volta á casa dun músico cargado de influencias e experiencias atesouradas durante as súas viaxes. Co seu segundo traballo, TOTEM (Falcatruada) o palindromático Narf ofrece melodías pop que lle dan forma a sons de todo o mundo a través dos trece temas deste disco editado en formato Digipack. Árabe, flamenco, brasileiro, africano e moitas máis influencias recoñecidas neste TOTEM que marca vinte anos de andaina musical de Fran e que desde o 20 de novembro xa está dispoñible nas tendas, ademais de na rede como xa é habitual nos produtos da discográfica Falcatruada. Neste mesmo ano Narf estivo a presentar en Inglaterra as súas novas cancións, algunhas delas con letras de Xelís de Toro, Pepe Sendón e poemas doutros autores. Compositor da música de moitos espectáculos teatrais galegos e portugueses, Fran Pérez leva unha longa andaina artística como colaborador do grupo de Chévere e integrante da banda Psicofónica de Conxo, a composición e dirección musical do CD “O labirinto dos soños” e a súa participación no espectáculo “Cantos na maré”, o seu anterior disco “NARF, fran pérez directo en compostela” editouse no ano 2003.

Máis información en Falcatruada

Narf TOTEM
VIDEO | Quero ser tambor
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Espranza
AUDIO | 30 SEGUNDOS
O Noso Son
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Afroblues
datos do disco