Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Covalblú presenta en concerto MAI o seu primeiro disco

OS MEMBROS DA BANDA REúNEN EXPERIENCIA EN OUTROS GRUPOS E UNHA SóLIDA FORMACIóN MUSICAL

Covalblú presenta en concerto MAI o seu primeiro disco

FOLK | setembro 24, 2009

not_15246.jpg

O Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo acollerá este venres ás 22:30 horas o concerto de presentación do disco MAI, primeiro traballo discográfico do quinteto Covalblú. A singularidade desta formación nacida no ano 2007 ven dada pola maioritaria presenza dos instrumentos de corda (arpa celta, violín, guitarra clásica e violoncello) aos que se engaden a percusión e as voces conseguindo unha sonoridade con selo propio.

Covalblú reúne as experiencias dos seus compoñentes en anteriores grupos, como Sete Saias, Faltriqueira, Quempallou ou Fuxan os Ventos así como unha alta formación musical de cada un dos seus membros. Son Covalblú Clara Pino (arpa celta e voz), Azucena Castro (violín), Alfonso Abel (violoncello e voz), Roi Adrio (percusión) e Rubén Abel (guitarra). Nove dos once temas de MAI son composicións orixinais, e teñen unha versión do tema “Cantiga de desemprego”, do portugués Fausto. Ao concerto deste venres seguiralle unha vindeira parada o 16 de novembro no Fórum Metropolitano da Coruña dentro do ciclo FórumFolk.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Cantiga de desemprego
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Recórdame
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Axudádeme a cantare
datos do disco