Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Tui presenta a súa Orquestra Sinfónica cun concerto de Nadal

CELEBRARASE O VINDEIRO 23 DE DECEMBRO NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

Tui presenta a súa Orquestra Sinfónica cun concerto de Nadal

CLáSICA/LíRICA | decembro 22, 2016

imaxe non dispoñible

Unha nova orquestra sinfónica chega ao panorama musical galego. Da man do conservatorio de Tui, este concello presenta cun concerto de nadal a súa propia formación musical deste tipo. Seccións de cordas, metais, madeira e un piano concentran 42 intépretes, alumnos do conservatorio, antigos alumnos e convidados, baixo a dirección de Luís Caballero. A estrea da formación será un concerto de temas de Nadal o vindeiro 23 de decembro no Teatro Municipal, para o que contará coa presenza do Coro Mixtura Vocal e mais da Escola de Danza Paula Cobián. Será a partir das 21:30, nun recital que conta con peza de Corelli, Vivaldi ou Beethoven entre outros. lvov.natashaescort.com