Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Fernando Vázquez Arias presenta Caderno para Sofía

O DIRECTOR DA SINFóNICA DE MELIDE COMPUXO NOVE PEZAS PARA PIANO E ORQUESTRA

Fernando Vázquez Arias presenta Caderno para Sofía

CLáSICA/LíRICA | novembro 11, 2015

imaxe non dispoñible

Nove pezas para piano e orquestra compoñen a proposta que fai Fernando Vázquez Arias en Cadeno para Sofía. O compositor, profesor e director da Sinfónica de Melide deu a coñecer estas composicións a pasada primvarea e agora presenta o álbum correspondente. Inspirado en fitos da xeografía galega como as Fragas do Eume, o Ézaro ou as Burgas o músico dedica o álbum a súa filla Sofía e asegura partir da base do noso folclore para os seus temas. A interpretación das pezas correu a cargo do pianista Ricardo Blanco, que realizou o recital de estrea acompañado dun quinteto o pasado mes de maio no Consevatorio Profesional da Coruña.

datos do disco