Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cristina Pato finalista en dúas candidaturas aos Grammy co Silk Road Ensemble
Cristina Pato finalista en dúas candidaturas aos Grammy co Silk Road Ensemble
decembro 12, 2016
As candidaturas aos prestixiosos premios da música do mercado estadounidense, os Grammy, trouxeron este ano na súa 59ª edición, dúas candidaturas nas que estará presente a ourensá Cristina Pato. A gaiteira e pianista optará, como parte do Silk Road Ensemble que acompaña ao violinista Yo-Yo Ma a dous galardóns: Mellor Álbum de World Music polo disco "Sing Me Home" e Mellor Filme Musical polo documental The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, parte do cal foi gravado seguindo á artista polas terras galegas e con participación de outros músicos do país. Non é a primeira vez que a gaiteira e pianista está presente nos Grammy , xa no ano 2010 Pato foi partícipe doutro galardón que acadou na súa colaboración con Yo-Yo Ma no disco Yo-Yo Ma and Friends: Songs of Joy and Peace que gañou o Grammy ao Mellor Álbum Clásico de Colaboracións (Best Classical Crossover Album). A gala de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 12 de febreiro en Los Angeles.
Tamén che pode interesar:
- 14/ 2/ 2017 | O disco do grupo de Cristina Pato con Yo-Yo Ma obtén o Grammy
- 3/ 2/ 2015 | Estrelas do folk galego reúnense en Rústica
- 8/ 1/ 2013 | Cristina Pato lanza Migrations
- 10/ 2/ 2010 | Cristina Pato presenta o seu novo traballo The Galician Connection
- 1/ 2/ 2010 | Cristina Pato participa nun disco premiado co Grammy