Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Cristina Pato lanza Migrations

A GAITA E O PIANO CENTRAN O NOVO TRABALLO DA ARTISTA

Cristina Pato lanza Migrations

FUSIóN | xaneiro 8, 2013

migrations_cristina_pato.jpg

Roots and jazz from NYC é o lema que acompaña a Migrations o disco que acaba de presentar Cristina Pato desde Estados Unidos e que chegará ás tendas o vindeiro día 15. A gaiteira sinala que o proxecto quere servir como unha nova presentación do seu traballo a partir dos seus dous instrumentos predilectos, a gaita e o piano. Bases tradicionais reinterpretadas cunha importante base rítmica e toques de jazz marcan o eixe deste traballo, no que se atopan muiñeiras (Muiñeira for Cristina, Muiñeira de Carmen), jotas ou pandeiradas (Pandeirada Bestia) canda a temas coma Dindi ou Blue in Green.

A estrea do traballo, editado por Sunnyside Records será o vindeiro 15 de xaneiro no Jazz Standard de Nova York. A primeira cita no noso país está prevista para o vindeiro tres de marzo na Festa do Queixo de Arzúa.

MULTIMEDIA
Presentación de Migrations de Cristina Pato
datos do disco