Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Budiño conmemora vinte anos de Paralaia

O GAITEIRO PRESENTA A REEDICIóN DO SEU áLBUM CUN CONCERTO NO CULTURGAL

Budiño conmemora vinte anos de Paralaia

FOLK | novembro 23, 2016

paralaia_20_anos.jpg

Hai xa vinte anos que Xosé Manuel Budiño iniciaba a súa carreira discográfica co lanzamento de Paralaia. Para conmemorar este aniversario, o gaiteiro moañés acaba de presentar unha edición remasterizada deste mítico álbum, desta volta como un libro-CD ilustrado por Ana Zon. O volume conseguiu no seu día múltiples recoñecemento como os premios da Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE) e da Asociación de Artistas Intérpretes e Executantes de España (AIE), así como o Premio da Música en España á mellor canción en galego para Ardora. O libro-disco porase á venda a partir do 5 de decembro. Con anterioridade poderá mercarse no Culturgal, entre o 2 e o 4 de decembro.

O moañés presenta a reedición por todo o alto, xa que será o encargado do concerto central do vindeiro Culturgal. O 3 de decembro, un recital con Mercedes Peón como convidada especial levará de novo a escena boa parte do repertorio do álbum, así com un percorrido pola carreira do músico.. Canda a eles, o recital contará cno Isaac Palacín á percusión, Sérgio Tannuns á guitarra e viola, o acordeón de Santiago Cribeiro, Cibrán Seixo a cargo do violín, Franz Sanz a pular no baixo e Antonio Rodríguez a levar trombón e bombardino.

datos do disco