Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Budiño reúne influencias e colaboracións diversas nun disco con ambición universal

HOME DE MUNDO

Budiño reúne influencias e colaboracións diversas nun disco con ambición universal

FOLK | novembro 26, 2007

not_11097.jpg

Por segunda semana consecutiva a discográfica coruñesa Falcatruada pon nas tendas un disco de importancia asegurada no panorama musical. O cuarto disco do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, “Home” (Falcatruada, 2007), sae o día 27 de novembro xusto cando se cumpren dez anos da publicación do seu primeiro traballo “Paralaia” (Resistencia, 1997) e é o menos solitario dos seus traballos xa que está cheo de colaboracións de amigos como Xoel López, Deluxe, quen lle presta a voz en Ollos de Sal, Mercedes Peón, Kepa Junkera, Jorge Pardo, Paco Charlín e Antón Reixa entre outros. Nos seus dez temas “Home” preséntase como unha proposta de “World music” nacida pola influencia das múltiples viaxes e desde a música tradicional galega. O disco foi gravado nos Estudios Ardora polo propio Budiño e mesturado en casa de Tolos por Segundo Grandío e Budiño. O gaiteiro abrirá a súa xira de presentación o vindeiro 19 de xaneiro no festival Celtic Connections de Glasgow e tamén estar o vindeiro 8 de decembro na Habana para participar nos acto conmemorativos do centenario do himno galego.

Xosé Manuel Budiño - Home
VIDEO | Así se fixo HOME
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Pedra de Abalar
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Nacín na Espuma
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Ollin Kan
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Inmaterial
datos do disco