Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Millo Verde celebra dez anos de festival

O ATLANTIC FEST DA ILLA DE AROUSA CONTARá CON TINDERSTICKS, XOEL LóPEZ OU NACHO VEGAS

Millo Verde celebra dez anos de festival

MISCELáNEA | maio 25, 2016

imaxe non dispoñible

A Asocición Cultural Millo Verde celebra este ano unha década de traballo. E faino cunha edición especial do seu festival, repleta de actividades. Trouper´s Swing Band, Fame Negra, Chotokoeu, Gipsy Sound System Orkestra, Maison du Malheur, Pan de Capazo, The Marveltons ou Zibabu compoñen un cartel que se complementa cunha enchenta de actividades que inclúen deportes, recitais paralelos, graffiti ou propostas solidarias. Logo de vencer o IX Concurso de Maqueta, a banda The Soul Breakers subirá ao escenario a dar a coñecer o seu traballo no evento que se desenvolverá entre o 9 e o 11 de xuño e que mantén o seu carácter gratuíto.

Pola súa banda o Atlantic Fest, que substitúe na Illa de Arousa o Festival do Norte, confirmou polo momento a presenza de Tindersticks, Xoel López, Nacho Vegas, Alex Cooper, Be Forest e Niño de Elche para a súa primeira edición. O novo evento quere diseminar as propostas culturais por toda a illa entre o 1 e o 3 de xullo, e incluirá actuacións paralelas no mercado municipal, no auditorio ou en tascas.