Punk-rock, ská e reggae conflúen en Millo
febreiro 29, 2016
Cando están a facer catro anos de existencia, os gondomareños Millo presentan o seu primeiro álbum. Millo achega dez temas, todos orixinais agás unha versión dunha muiñeira. Punk-rock, reggae, ská e acompañamentos de gaita e frauta atópanse nun traballo no que o humor acedo e o ritmo son constantes. Temas como Galiza Ceibe, Curriculum ou Grande e poderoso amosan o incisivo ollar do quinteto. O álbum, autoeditado, gravouse entre Breaker Studios e Xílgaro Estudios. A xira de presentación levará o grupo a Allariz (4 de marzo), O Porriño (5 de marzo), Barrantes (12 de marzo) e Pontevedra (19).
Tamén che pode interesar:
- 4/ 8/ 2014 | Mi Perro Vincent lanza o seu primeiro disco
- 2/ 1/ 2014 | Paracetamol olla o punk no seu Enfermedades comunes
- 26/ 6/ 2013 | Morre Miguel Ángel Castro, o cantante do grupo de punk rock Esquíos
- 12/ 3/ 2013 | A Compañía do Ruído presenta Pensares galegos
- 10/ 1/ 2013 | Xancarajazz acolle a primeira Reggae Jamming