Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O guitarrista Samuel Diz presenta ao vivo na Coruña o seu último traballo

IMPRESIONES Y PAISAJES, COMO EL PRIMER LIBRO DE LORCA EXPLORA COMPOSICIóNS DA XERACIóN DO 27

O guitarrista Samuel Diz presenta ao vivo na Coruña o seu último traballo

CLáSICA/LíRICA | maio 6, 2016

impresiones paisajes libro lorca samuel diz.jpg

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este domingo a presentación ao vivo do último traballo do guitarrista Samuel Diz. Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca é o título do álbum que edita Poliédrica e que explora en quince temas o traballo para guitarra dos compositores da Xeración do 27. A tomar a Lorca como eixe, Diz interpreta pezas de Rosa María Ascot, Falla, Buide del Real ou Juan José Mantecón, recupera catro temas ata o momento inéditos e inclúe unha composición nova de Fernando Buide del Real.

datos do disco