Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O guitarrista Samuel Diz presenta ao vivo na Coruña o seu último traballo
O guitarrista Samuel Diz presenta ao vivo na Coruña o seu último traballo
maio 6, 2016
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este domingo a presentación ao vivo do último traballo do guitarrista Samuel Diz. Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca é o título do álbum que edita Poliédrica e que explora en quince temas o traballo para guitarra dos compositores da Xeración do 27. A tomar a Lorca como eixe, Diz interpreta pezas de Rosa María Ascot, Falla, Buide del Real ou Juan José Mantecón, recupera catro temas ata o momento inéditos e inclúe unha composición nova de Fernando Buide del Real.