Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sonia Lebedynski debuta en solitario con Deserto de centos

A CANTORA MESTURA DIFERENTES ESTILOS NO SEU PRIMEIRO áLBUM

Sonia Lebedynski debuta en solitario con Deserto de centos

FUSIóN | abril 29, 2016

imaxe non dispoñible

Logo de pór voz en Fía na Roca e de colaborar en numerosos proxectos musicais, Sonia Lebedynski inicia carreira en solitario. O vindeiro tres de maio sae á venda Deserto de centos, un álbum no que a cantora revélase tamén como autora a mesturar tradición, folk, funk, pop ou música brasileira. O proxecto, desenvolvido con Sérgio Tannus, conta con colaboracións como as de Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada. A festa de presentación celebrarase o vindeiro 8 de maio no Miramar de Boiro, mentres a estrea ao vivo está prevista para o vindeiro 26 de maio en Compostela. Para as actuacións ao vivo Lebedynski estará acompañada de Sérgio Tannus, Carlos Freire, Roberto Comesaña, Martiño Domínguez, José Manuel Díaz, Manu Paino e Jose Luis Miranda, nunha formación que combina metais, percusión, cordas e acordeón entre outros instrumentos.

datos do disco