Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cincuenta e sete finalistas compiten nos III Premios Martín Códax da Música

OS RESULTADOS DAS DEZASEIS CATEGORíAS COñECERANSE O 28 DE ABRIL

Cincuenta e sete finalistas compiten nos III Premios Martín Códax da Música

MISCELáNEA | abril 8, 2016

imaxe non dispoñible

A terceira edición dos Premios Martín Códax da Música xa ten finalistas. Un acto na sede das adegas Martín Códax en Cambados daba a coñecer onte os nomes dos 57 aspirantes a se facer cun premio nalgunha das dezaseis categorías con que contan estes galardóns. Entre estes, atópanse nomes que xa foran premiados en anteriores edicións, como Crebinsky, Davide Salvado, Wöyza ou Transilvanians, ou finalistas como Xoel López, Caxade, Dous ou Trilitrate. A selección realizouse por votación entre os membros da asociación Músicos ao Vivo entre 448 proxectos que se presentaron. Os gañadores coñeceranse no transcurso da gala que se celebrará o vindeiro 28 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Entre os finalistas destaca a ausencia de festivais de grande tamaño nesta categoría, xa que as candidaturas son as de Espazos Sonoros, Feito a Man e Nigranjazz. A nivel de salas, os seleccionados son tamén proxectos de pequeno formato, como A Arca da Noe, o Garufa Club ou o Aturuxo de Bueu. Pola súa banda, na sección de Orquestras, grupos e música de verbena tamén abundan propostas que se afastan das orquestras máis ortodoxas. Así, Claxxon compite con a Orquestra Os Modernos e mais con Os da Ría.

Pop e indie: Eladio y los Seres Queridos / Novedades Carminha / Silvia Penide
Rock: Agoraphobia / Foxy Freire / Martelo
Blues, funk & soul: Nastasia Zürcher/ Pablo Carrera / The Lakazans
Jazz e músicas improvisadas: Alberto Vilas Quartet/ Orquestra de Jazz de Galicia / Xan Campos ESD
Hip-Hop e músicas urbanas: Sokram / The Last Minute Experience / Wöyza
Música clásica e contemporánea: The Last Man of Fukushima/ Vertixe Sonora Ensemble / Zoar
Folque: Caxade / Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero /
Música tradicional galega: Davide Salvado / O Fiadeiro / Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Músicas do mundo: Crebinsky / Dous / Trilitrate
Canción de Autor: Guadi Galego / Uxía & Narf / Xoel López
Música infantil: A Gramola Gominola / Brinca Vai! / Xiqui Xoque Fiú Fiú!
Electrónica: 2Pasos / Cinta Adhesiva / Croma
Metal: Aphonnic / In.Verno / Mutant
Reggae, Ska & Mestizaxe: A Banda da Balbina / Dakidarría / Transilvanians
Orquestras, grupos e música de verbena: Claxxon / Orquestra Os Modernos / Os da Ría
Coros e Grupos Vocais: De Vacas / Sisters in the House / The Lollipops

Premio Organistrum Salas: A Arca da Noe / Aturuxo / Garufa Club
Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Feito a Man / Nigranjazz
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Abretedeorellas / GZMúsica / Tres Peixes Voando