Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Concello, Deputación e a Xunta colaboran para manter un programa lírico na Coruña
Concello, Deputación e a Xunta colaboran para manter un programa lírico na Coruña
febreiro 18, 2016
Logo da polémica pola suspensión da Temporada Lírica da Coruña este ano, a cidade finalmente contará cunha programación orientada a este xénero musical. O concello, a Xunta e a Deputación provincial anunciaban onte un acordo polo que as tres entidades contribuirán para "desenvolver un programa lírico de calidade" que xestionará a Asociación de Amigos da Ópera. A nova proposta supón que a Xunta e a Deputación achegarán cadanseus 125.000 euros, mentres o Concello apoiará o programa con 80.000 e se mantén a contribución de 75.000 euros do Ministerio de Cultura. Sumados aos 80.000 euros que se obteñen por recadación de entradas, o orzamento final do programa fica en medio millón de euros, menos da metade do que ata o de agora supuña a temporada lírica, que contaba con 1,2 millóns. O programa está previsto que se desenvolva entre os meses de setembro e decembro deste ano.