Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Tres recitais protagonizan o Outono Lírico de Vigo

LA DEL MANOJO DE ROSAS, EL AMOR BRUJO E IL TROVATORE ENCABEZAN O CARTEL

Tres recitais protagonizan o Outono Lírico de Vigo

CLáSICA/LíRICA | setembro 30, 2013

imaxe non dispoñible

A Asociación de Amigos da Ópera de Vigo presentaba a pasada semana o programa do seu Outono Lírico 2012+1. El amor brujo de Manuel de Falla, Il Trovatore de Verdi e mais a zarzuela La del Manojo de Rosas centran un cartel que se completa con conferencias e mais con recitais de piano no Conservatorio de Música, nos que se interpretarán paráfrases de Listz sobre pezas de Wagner e Verdi. O apoio de 15.000 euros do Concello permitiu suprir a retirada da Deputación de Pontevedra das colaboracións do evento. O orzamento conta camén cunha subvención doutros 15.000 euros da man da Axencia Galega das Industrias Culturais.

DOCUMENTO