O SonRías Baixas comeza a adiantar o seu vindeiro cartel
febreiro 15, 2016
Co verán aínda lonxe, comezan a aparecer novas sobre os festivais que virán. Así, o SonRías Baixas adianta parte do seu vindeiro cartel. Lendakaris Muertos, Boikot, Poetarras e Herdeiros da Crus son o potente avance que os organizadores fan da nova edición. Bueu acollerá, entre o 5 e o 6 de agosto os concertos para os que xa están á venda as primeiras quiñentas entradas a un prezo reducido. Outro que xa dá sinais é o Festival Sinsal Son Estrella Galicia. A Illa de San Simón albergará de novo este evento con cartel sorpresa entre o 22 e o 26 de xullo vindeiros. A organiación adianta novidades "en relación ao transporte en barco, gastronomía e acceso ao público menor de 16 anos". Ao longo deste mes de febreiro sairán á venda as entradas para o encontro.
Tamén che pode interesar:
- 4/ 10/ 2018 | Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest
- 4/ 10/ 2018 | O festival SonRías Baixas deixou un impacto de 1,14 millóns de euros
- 5/ 4/ 2016 | Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril
- 6/ 6/ 2014 | O SonRías Baixas trasládase a setembro
- 5/ 6/ 2013 | O SonRías Baixas completa o seu cartel