O SonRías Baixas completa o seu cartel
xuño 5, 2013
Los Enemigos, Dakidarría, Riot Propaganda, Foxy Freire ou Boikot son algunhas das incorporacións ao Sonrías Baixas que se confirmaron esta mañá. O festival, que se celebra os días 2 e 3 de agosto en Bueu conta tamén, como xa anunciara, con Toy Dolls e Talco en cartel. Pola súa banda o festival Derrame Rock muda de localización e trasládase de Oira a Bemposta, aínda que mantén as datas previstas, 28 e 29 de xuño. Ao tempo, o ImaxinaSons de Jazz de Vigo, previsto para arrincar o vindeiro 27 de xuño, continúa sen ter fechado o seu cartel.
Tamén che pode interesar:
- 4/ 10/ 2018 | Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest
- 4/ 10/ 2018 | O festival SonRías Baixas deixou un impacto de 1,14 millóns de euros
- 5/ 4/ 2016 | Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril
- 15/ 2/ 2016 | O SonRías Baixas comeza a adiantar o seu vindeiro cartel
- 6/ 6/ 2014 | O SonRías Baixas trasládase a setembro