Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un concerto reclama a continuidade da Temporada Lírica

VINTE ARTISTAS GALEGOS ACTúAN ESTA NOITE NO TEATRO ROSALíA DE CASTRO

Un concerto reclama a continuidade da Temporada Lírica

CLáSICA/LíRICA | febreiro 3, 2016

imaxe non dispoñible

Coas entradas esgotadas preséntase o recital que unha vintena de artista galegos darán esta noite para reclamar a continuidade da Temporada Lírica da Orquestra Sinfónica de Galicia. O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta noite a representación na que nomes como Borja Quiza, Javier Franco, Luis Cansino, Pedro Martínez, Eliseu Mera e Axier Sánchez, María José Moreno, Patricia Rodríguez, Carmen Subrido, Victoria Álvarez, Nuria Lorenzo,Francisco Pardo ou Alberto Miguélez cos pianistas Ludmila Orlova e Manuel Burgueras interpretarán fragmentos de óperas, zarzuelas e cancións. No transcurso do recital daranse a coñecer os múltiples mensaxes de apoio que persoeiros da lírica internacional fixeron chegar a prol da continuidade deste programa.