Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Asociación Galega de Compositores celebra o XIX Ciclo de Música Actual

CATRO RECITAIS DARáN A COñECER 32 OBRAS DE CATORCE AUTORES

A Asociación Galega de Compositores celebra o XIX Ciclo de Música Actual

CLáSICA/LíRICA | novembro 12, 2015

imaxe non dispoñible

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle esta tarde o primeiro dos catro concertos que compoñen o XIX Ciclo de Música Actual. Organizada pola Asociación Galega de Compositores en colaboración coa Fundación SGAE, a iniciativa dará a coñecer o traballo dun total de 14 autores, tanto actuais como históricos, dos que se interpretarán un total de 32 pezas de música de cámara. No recital de hoxe membros da Orquestra Gaos interpretarán piezas de Jesús González, Manuel Alejandre, Eligio Vila, Israel Alonso, Juan Durán, Julio Montero e Margarita Viso. Logo deste, os vindeiros concertos celebraranse en Santiago de Compostela (sede da Fundación SGAE, 11 de decembro), Pontevedra (Teatro Principal, 20 de febreiro) e Ourense (Liceo, 23 de abril).