Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Consello da Cultura conmemora os XXV anos da Asociación Galega de Compositores
O Consello da Cultura conmemora os XXV anos da Asociación Galega de Compositores
maio 10, 2012
A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acolle ás cinco desta tarde a presentacón de Dezaseis cancións para voz e piano. XXV anos da Asociación Galega de Compositores, co que se conmemora o aniversario deste colectivo. No acto Carlos Villar-Taboada falará sobre A Asociación Galega de Compositores e a Música Contemporánea en Galicia (1987-2012).
A partir das 18:15 horas celebrarase unha mesa redonda coa participación de Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Viso, presidenta da Asociación Galega de Compositores, o propio Carlos Villar-Taboada e Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura. Un recital do pianista Antonio Queija Uz pechará o acto.