Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / aCentral Folque recupera o legado de Xoán Tilve

PRESENTOU ONTE O VOLUME DA COLECCIóN CHAVE MESTRA DEDICADO AO GAITEIRO DE CAMPAñó

aCentral Folque recupera o legado de Xoán Tilve

FOLK | outubro 29, 2015

xoan_tilve_folque.jpg

Catro pezas de gaita canda a dúas alocucións de Filgueira Valverde sobre a súa figura, compoñen as gravacións históricas que recupera aCentral Folque no volume Xoán Tilve. Gaiteiro de Campañó, que presentaba onte no Museo de Pontevedra. A obra, que fai parte da colección Chave mestra, recolle as gravacións que se realizaron en 1949 por iniciativa de Filgueira para preservar o legado deste intérprete. Ademais, reinterprétanse outros temas do repertorio deste solista tirados do cancioneiro de Casto Sampedro. A gravación vai acompañada por un estudo biográfico sobre Tilve da man do gaiteiro e investigador Óscar Ibáñez e mais dunha análise sobre o contexto e os fondos do legado de Casto Sampedro no Museo de Pontevedra a cargo de Xavier Groba.

datos do disco