Ti estás aquí > Inicio / / Bestiaire Assembly trae á Coruña os sons máis extremos
Bestiaire Assembly trae á Coruña os sons máis extremos
outubro 9, 2015
Os vindeiros 16 e 17 de outubro A Coruña acollerá os son máis extremos. A discográfica Bestiaire achega á cidade o seu festival Bestiarie Assembly con seis bandas, entre as que se atopan tres galegas. Black metal, ambient, música industrial, drone ou experimental danse cita na Sala Le Club da man de Atrabilis (Valladolid), Tzesne_Paralux (Guipúzcoa) e a galego-catalá Esquelas ás que se suman os proxectos coruñeses Umbrage, Piwi Bizarre Tech e Walk Back Pilgrim. Este é o primeiro festival que organiza a discográfica Bestiaire, que procura darlle saída a sons que non teñen moito eco comercial.