Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A carreira de Carlos Estévez continúa Tradicionalmente

UN LIBRO-CD DEDICADO á GAITA é A APOSTA DO MúSICO PARA O SEU SEGUNDO LANZAMENTO

A carreira de Carlos Estévez continúa Tradicionalmente

FOLK | xullo 14, 2015

tradicionalmente_carlos_estevez.jpg

Tradicionalmente é o título do segundo traballo do gaiteiro Carlos Estévez. Este intéprete continúa a se mergullar no noso patrimonio musical e achega as súas creacións para gaitas, fundamentalmente para dúos. Un libro-disco con 12 pistas de audio eu partituras para un total de vinte compoñen, da man da editorial Ton e Son, este lanzamento, que xa se pode atopar nas tendas a un prezo de 15 euros. As prezas foron rexistradas no estudio ChisPún de Vigo. Co mesmo título, o autor xa publicara no seu BandCamp, co mesmo título, unha serie de pezas nas que se mesturaba a creación propia con temas tradicionais interpretados por el mesmo.

datos do disco