Dima Slobodeniouk renova na Sinfónica de Galicia
marzo 12, 2015
A Sinfónica de Galicia continuará baixo a batuta de Dima Slobodeniouk ata 2019. O director de orixe ruso acaba de renovar o seu compromiso coa formación coruñesa á que levará de novo a escenarios internacionais. Dous concertos den Abu Dabi co pianista Javier Perianes para xaneiro de 2016 preséntanse como os vindeiros retos para a orquestra. Pola súa banda, a Real Filharmonía de Galicia anunciaba o pasado 5 de marzo a incorporación de José María Montes Navío como novo director técnico da formación en substitución de Oriol Roch.
Tamén che pode interesar:
- 24/ 5/ 2018 | A Orquestra Sinfónica de Galicia entra no catálogo de BIS Records
- 4/ 10/ 2013 | A Sinfónica arrinca a súa tempada musical
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
- 13/ 2/ 2013 | Dima Slobodeniouk é o novo director musical da OSG ata 2016