Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pulpiño Viascón reinterpreta a tradición cunha Gameboy

ABRE CON BRABUBOY O PROXECTO CHIPTUNE GALICIA

Pulpiño Viascón reinterpreta a tradición cunha Gameboy

ELECTRóNICA | decembro 2, 2014

bravuboy_pulpinho_viascon.jpg

Cancións gravadas ao vivo, sen postprodución nin efectos e artelladas unicamente mediante unha consola Gameboy. Esta é a proposta do proxecto Chiptune Galicia, a nova aventura de Pulpiño Viascón. O músico acaba de presentar en Soundcloud Bravúboy, unha colección de oito temas neste estilo, que se caracteriza polo son retro que lembra os videoxogos dos anos oitenta e noventa. Pezas populares como a Pasodobre de San Roque ou Quen teña viño pasan polo filtro dos procesadores de oito bits nesta curiosa proposta na que se mestura o tradicional co electrónico.

MULTIMEDIA
Bravúboy en Soundcloud
datos do disco