Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Nelson Quinteiro debuta con Orquesta Gharbo!

O áLBUM PRESéNTASE OFICIALMENTE O VINDEIRO 7 DE FEBREIRO NA CORUñA

Nelson Quinteiro debuta con Orquesta Gharbo!

FOLK | xaneiro 20, 2014

nelson_quinteiro_orquesta_gharbo.jpg

A partir do seu traballo no espectáculo Gharbo! e noutros proxectos musicais, Nelson Quinteiro lanza o seu primeiro disco. Orquesta Gharbo! chega da man de Inquedanzas sonoras con nove temas nos que se atopa unha mestura de "tangos, muñeiras e pasodobles con alalás e con jotas", segundo explica a discográfica, sen esquecer toques pop e mesmo bravú. Reinterpretacións coloridas da tradición que contan con colaboracións a cargo de Pulpiño Viascón, Silvia Penide, Diego Ameixeiras, Alex Lorenzo e o coro de homes "Os estalotes". A presentación oficial deste traballo será no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 7 de febreiro. O álbum, que se financiou parcialmente mediante unha campaña de crowdfunding foi gravado nos estudios da Fundación Autor SGAE de Santiago de Compostela.

MULTIMEDIA
Canto de andar o camiño en SoundCloud
MULTIMEDIA
Sofán en SoundCloud
datos do disco