Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Semana da Ópera encherá de lírica Compostela

CELEBRA RECITAIS, PROXECCIóNS E CONFERENCIAS ENTRE O 5 E O 10 DE MAIO

A Semana da Ópera encherá de lírica Compostela

CLáSICA/LíRICA | maio 2, 2014

imaxe non dispoñible

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago en colaboración coa Consellaría de Cultura presentaban o pasado día 30 a nova edición da Semana da Ópera. Compostela acollerá entre os días 5 e 10 de maio dous recitais con figuras como as sopranos María Ruíz e Mercedes Hernández ou o tenor Felix Rienth, entre outros. Dúas conferencias e mais unha proxección de La Bohéme de Puccini en Cinesa As Cancelas completan o programa desta edición.