Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Alba María gaña o I Certame de Canción de Autor en Galego

VINTE E TRES ARTISTAS SE PRESENTARON á CONVOCATORIA DO CONCELLO DE TEO

Alba María gaña o I Certame de Canción de Autor en Galego

CANTAUTOR | abril 7, 2014

imaxe non dispoñible

O Certame de Canción de Autor en Galego, que convocou este ano por vez primeira o Concello de Teo, xa ten gañadora. Alba María impúxose aos outro sete finalistas e poderá gravar un disco de oito temas. Ademais, o público seleccionou Nastasia Zürcher para o accésit a mellor artista e o seu tema Voar para o de canción máis orixinal. En total foron 23 os aspirantes que se presentaron a un certame no que o xurado destacou a variedade das propostas e a alta calidade dos candidatos.